lunes, 23 de marzo de 2015

Novo e revolucionario sistema de impresión 3D para fabricación rápida de obxectos complexos

.Nunha escena digna dunha película de ciencia-ficción, dun colector de líquido opaco e resinoso, que recorda a pintura, emerxe pouco a pouco un obxecto solidificado que antes non existía. O concepto é radicalmente distinto á base de todos os métodos actuais de impresión 3D. Nestes, un cabezal vai depositando capas de material unha sobre outra, nos puntos adecuados en cada momento.

Esta asombrosa técnica de impresión 3D, desenvolvida pola empresa Carbon3D Inc., permite que os obxectos saian dun medio líquido de forma continua, en vez de ser construídos capa capa como se fai na impresión 3 D convencional, o que representa polo tanto un método fundamentalmente novo deste tipo de impresión. A tecnoloxía permite que se poidan fabricar obxectos listos para o seu uso entre 25 e 100 veces máis rápido que os outros métodos, e crea xeometrías previamente inalcanzables que abren novas oportunidades para a innovación, non só no campo da saúde, senón tamén noutros sectores importantes, como a automoción e a aviación

jueves, 12 de marzo de 2015

O Solar Impulse 2 bate un récord mundial

O avión solar pilotado polo suízo Bertrand Piccard, que voa con combustible cero, chegou finalmente a Ahmedabad (India) dende Mascate (Omán), voando a través do Mar Arábico. Así completou a segunda das etapas que se se completan, lle permitirá dar a volta ao mundo sen necesidade de combustible.

A aterraxe produciuse en Islamabad ás 11:25 hora local (5:55 GMT) despois de 13 horas e 20 minutos de voo, alcanzando unha altitude de 8.534 metros.


Deste xeito, o Soar Impulse 2 logrou superar un récord mundial no medio da súa quixotesca aventura tras percorrer 1.468 quilómetros de distancia. A maior ata a data por un avión solar, superando os 1.386 quilómetros que logrou en 2013 o piloto André Borschberg durante unha viaxe do Soar Impulse 1 por Estados Unidos.