miércoles, 13 de mayo de 2015

Unha ola de calor e polvo sahariano adianta o veran uns meses

Un verán adiantado percorre a Península Ibérica. O pasado domingo día 10 de maio, as temperaturas medias de toda España, agás na conca mediterránea e Galicia e Asturias, estiveron entre sete e 12 graos centígrados por enriba da temperatura media desta época do ano, segundo a Axencia Española de Meteoroloxía (Aemet). E no resto das rexións o mercurio marcou entre dous e sete graos por enriba da media. Son variacións moi pronunciadas, pero non se tratou dun fenómeno illado. Dende que comezou maio os termómetros marcaron temperaturas por enriba dos valores normais para estas semanas da primavera. E o peor está aínda por chegar.

Unha entrada de aire cálido e cargado de po procedente do Sahara elevará a partir de hoxe aínda máis as temperaturas en toda España e podería deixará o mercurio por enriba dos 35ºC en case toda a metade sur peninsular, segundo as previsións de Aemet. E nalgunhas cidades como Valencia, Sevilla ou Zaragoza, entre outras, podería superar os 40ºC.


«Estas temperaturas son de verán», asegura a este diario Ana Casals, voceiro de Aemet. «Dende que empezou o mes de maio está a ir moita calor. Pero este mércores pódense superar os 40 graos en varias zonas das concas do Guadalquivir e do Ebro», di Casals.

miércoles, 6 de mayo de 2015

O solar impulse II atrasa o seu vo sobre o pacífico pola meteoroloxía

O avión Soar Impulse II, que se encontra en China dentro do seu intento por ser o primeiro en dar a volta ao mundo movido por enerxías alternativas, atrasou a súa próxima etapa, o primeiro voo sobe o Océano Pacífico dun aparato desas características, debido ás condicións meteorolóxicas.

Segundo aparece este martes no portal oficial do proxecto, a aeronave, que aterrou o pasado día 21 en Nankín (a 300 quilómetros ao norte de Shanghái), procedente da cidade tamén chinesa de Chongqing, a 1.200 quilómetros de distancia, que cubriu en 17 horas, non despegará cara a Hawai, a súa próxima escala, como moi pronto ata o próximo venres 9 de maio.

Segundo Bertrand Piccard, un dos dous pilotos suízos do aparato, de feito pode que o Soar Impulse II tarde aínda máis do esperado en poder volver despegar. A viaxe entre Nankín e Hawai, que durará uns cinco días e é unha das partes máis duras da volta ao mundo, pode que non sexa posible "ata o fin de semana ou a semana próxima, ou pode que máis tarde, nun par de semanas", manifestou este martes Piccard á axencia oficial Xinhua.


A próxima etapa, de 8.000 quilómetros, é a máis longa das 12 que compoñen a ruta da súa volta ao mundo, polo que esixe un longo período de ceos despexados e un clima apracible, mentres que as predicións meteorolóxicas sinalan a formación de posibles tifóns nesa parte do océano durante a semana que vén.


                  Avión Solar Impulse II atrasa su vuelo sobre el Pacífico por la meteorología