Esta asombrosa técnica de impresión 3D, desenvolvida pola
empresa Carbon3D Inc., permite que os obxectos saian dun medio líquido de forma
continua, en vez de ser construídos capa capa como se fai na impresión 3 D
convencional, o que representa polo tanto un método fundamentalmente novo deste
tipo de impresión. A tecnoloxía permite que se poidan fabricar obxectos listos
para o seu uso entre 25 e 100 veces máis rápido que os outros métodos, e crea
xeometrías previamente inalcanzables que abren novas oportunidades para a
innovación, non só no campo da saúde, senón tamén noutros sectores importantes,
como a automoción e a aviación
lunes, 23 de marzo de 2015
Novo e revolucionario sistema de impresión 3D para fabricación rápida de obxectos complexos
.Nunha escena digna dunha película de ciencia-ficción, dun
colector de líquido opaco e resinoso, que recorda a pintura, emerxe pouco a
pouco un obxecto solidificado que antes non existía. O concepto é radicalmente
distinto á base de todos os métodos actuais de impresión 3D. Nestes, un cabezal
vai depositando capas de material unha sobre outra, nos puntos adecuados en
cada momento.
jueves, 12 de marzo de 2015
O Solar Impulse 2 bate un récord mundial
O avión solar pilotado polo suízo
Bertrand Piccard, que voa con combustible cero, chegou finalmente a Ahmedabad
(India) dende Mascate (Omán), voando a través do Mar Arábico. Así completou a
segunda das etapas que se se completan, lle permitirá dar a volta ao mundo sen
necesidade de combustible.
A aterraxe produciuse en Islamabad ás 11:25 hora local (5:55 GMT) despois de 13 horas e 20 minutos de voo, alcanzando unha altitude de 8.534 metros.
Deste xeito, o Soar Impulse 2 logrou superar un récord mundial no medio da súa quixotesca aventura tras percorrer 1.468 quilómetros de distancia. A maior ata a data por un avión solar, superando os 1.386 quilómetros que logrou en 2013 o piloto André Borschberg durante unha viaxe do Soar Impulse 1 por Estados Unidos.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)