A empresa xaponesa responsable da central nuclear de
Fukushimaadmitiu que os niveis de radiación actuais nun dos reactores afectados
polo desastre do 2011 seguen sendo tan altos que representan a morte para un
ser humano en menos dunha hora de exposición.
A conclusión alcanzouse tras o experimento que se realizou o
pasado fin de semana -o primeiro da súa clase- cun robot ao que se introduciu
no reactor número 1 do recinto e que gravou imaxes inéditas do lugar, baixo a
dirección dun equipo de máis de 40 expertos.
A propia máquina non puido soportar as inxentes doses de
radiactividade ás que se viu sometida, malia que foi deseñada expresamente para
a devandita misión. Pensábase que podía durar ata 10 horas, pero deixou de
responder ás 3 horas.
O robot tivo que ser abandonado na vasilla de contención do
reactor -un dos tres que quedaron destruídos no suceso de marzo do 2011-
despois de percorrer só 15 metros, segundo admitiuTepco, a firma nipoa
propietaria de Fukushima.
As medicións do aparato non deixaban dúbida do inxente
perigo que aínda representa esa estrutura e oscilaron entre os 7 e ata 9,7
Sievert (SV, a unidade de medición da radiación) por hora, con picos superiores
mesmo a esas cifras.

No hay comentarios:
Publicar un comentario