Nos últimos meses centos de crías de león mariño apareceron
enfermas e famentas nas praias de California, na costa oeste de Estados Unidos,
colapsando os centros de rescate de animais.
Os científicos levan tempo tratando de descubrir que esta
facendo que estas crías se separen das súas nais a un idade na que non poden
alimentarse por si mesmas.
Agora, investigadores da Universidade de Washington
publicaron un estudo no que se dá unha explicación a este fenómeno.
Trátase dunha enorme masa de auga quente duns 1.600
quilómetros de lonxitude e uns 90 metros de profundidade que se estende ao
longo da costa oeste de Norteamérica, dende Alasca ata México.
Esta acumulación de auga cuxa temperatura nalgúns lugares é
uns 2.7 º C superior á media foi bautizada como "a mancha" (the blob,
en inglés)
)
)

No hay comentarios:
Publicar un comentario