miércoles, 6 de mayo de 2015

O solar impulse II atrasa o seu vo sobre o pacífico pola meteoroloxía

O avión Soar Impulse II, que se encontra en China dentro do seu intento por ser o primeiro en dar a volta ao mundo movido por enerxías alternativas, atrasou a súa próxima etapa, o primeiro voo sobe o Océano Pacífico dun aparato desas características, debido ás condicións meteorolóxicas.

Segundo aparece este martes no portal oficial do proxecto, a aeronave, que aterrou o pasado día 21 en Nankín (a 300 quilómetros ao norte de Shanghái), procedente da cidade tamén chinesa de Chongqing, a 1.200 quilómetros de distancia, que cubriu en 17 horas, non despegará cara a Hawai, a súa próxima escala, como moi pronto ata o próximo venres 9 de maio.

Segundo Bertrand Piccard, un dos dous pilotos suízos do aparato, de feito pode que o Soar Impulse II tarde aínda máis do esperado en poder volver despegar. A viaxe entre Nankín e Hawai, que durará uns cinco días e é unha das partes máis duras da volta ao mundo, pode que non sexa posible "ata o fin de semana ou a semana próxima, ou pode que máis tarde, nun par de semanas", manifestou este martes Piccard á axencia oficial Xinhua.


A próxima etapa, de 8.000 quilómetros, é a máis longa das 12 que compoñen a ruta da súa volta ao mundo, polo que esixe un longo período de ceos despexados e un clima apracible, mentres que as predicións meteorolóxicas sinalan a formación de posibles tifóns nesa parte do océano durante a semana que vén.


                  Avión Solar Impulse II atrasa su vuelo sobre el Pacífico por la meteorología

No hay comentarios:

Publicar un comentario