miércoles, 29 de abril de 2015

Unha misteriosa masa de auga quente no pacífico

Nos últimos meses centos de crías de león mariño apareceron enfermas e famentas nas praias de California, na costa oeste de Estados Unidos, colapsando os centros de rescate de animais.
Os científicos levan tempo tratando de descubrir que esta facendo que estas crías se separen das súas nais a un idade na que non poden alimentarse por si mesmas.
Agora, investigadores da Universidade de Washington publicaron un estudo no que se dá unha explicación a este fenómeno.
Trátase dunha enorme masa de auga quente duns 1.600 quilómetros de lonxitude e uns 90 metros de profundidade que se estende ao longo da costa oeste de Norteamérica, dende Alasca ata México.

Esta acumulación de auga cuxa temperatura nalgúns lugares é uns 2.7 º C superior á media foi bautizada como "a mancha" (the blob, en inglés)


)

No hay comentarios:

Publicar un comentario