miércoles, 8 de abril de 2015

O noso cerebro funciona como internet

Un grupo de especialistas en «conectrónica», disciplina que trata de afondar no funcionamento do cerebro baseándose na súa estrutura, acaba de descubrir que, sorprendentemente, as conexións cerebrais funcionan e organízanse dun modo moi parecido a como o fai Internet. O achado publícase hoxe en Proceedings of the National Academy of Sciences.

Durante anos, os científicos que estudan o cerebro fixáronse caseexcusivamente no que podían ver: lóbulos cerebrais, sucos, dobras... Agora, non obstante, e grazas a un esquema máis completo de como as neuronas se conectan unhas a outras, os investigadores puideron descubrir a existencia de auténticas «redes de área local» neuronais, aniñadas unhas dentro doutras como cunchas.


«A codia cerebral é como un Internet en miniatura -afirma Larry Swanson, da Universidade do Sur de California e un dos autores do estudo- Internet ten innumerables redes de área local que logo se conecta coas redes rexionais máis grandes e en última instancia coa columna vertebral de Internet. O cerebro funciona dun xeito similar».


Sorpresa: nuestro cerebro funciona como internet

No hay comentarios:

Publicar un comentario