miércoles, 15 de abril de 2015

O primeiro robot en entrar en Fukushima morre en 3 horas .

A empresa xaponesa responsable da central nuclear de Fukushimaadmitiu que os niveis de radiación actuais nun dos reactores afectados polo desastre do 2011 seguen sendo tan altos que representan a morte para un ser humano en menos dunha hora de exposición.

A conclusión alcanzouse tras o experimento que se realizou o pasado fin de semana -o primeiro da súa clase- cun robot ao que se introduciu no reactor número 1 do recinto e que gravou imaxes inéditas do lugar, baixo a dirección dun equipo de máis de 40 expertos.

A propia máquina non puido soportar as inxentes doses de radiactividade ás que se viu sometida, malia que foi deseñada expresamente para a devandita misión. Pensábase que podía durar ata 10 horas, pero deixou de responder ás 3 horas.

O robot tivo que ser abandonado na vasilla de contención do reactor -un dos tres que quedaron destruídos no suceso de marzo do 2011- despois de percorrer só 15 metros, segundo admitiuTepco, a firma nipoa propietaria de Fukushima.


As medicións do aparato non deixaban dúbida do inxente perigo que aínda representa esa estrutura e oscilaron entre os 7 e ata 9,7 Sievert (SV, a unidade de medición da radiación) por hora, con picos superiores mesmo a esas cifras.


No hay comentarios:

Publicar un comentario