Moita xente sospeita que o seu sangue ten un bouquet moi
especial para os mosquitos porque amencen cubertos de picaduras mentres aos
seus compañeiros de cuarto nin lles tocan. Para estas persoas, a boa noticia é
que os científicos están un paso máis preto de saber por que sofren tantas
picadas; a mala, que os seus fillos herederán este calvario. Porque segundo un
estudo que se coñece hoxe, a nosa xenética sería o factor determinante na
elección de menú dos mosquitos. A importancia deste asunto, nun mundo no que
millóns de persoas morren por enfermidades transmitidas por estes insectos, vai
moito máis alá do martirio de molestas noites de verán.
A clave para o achado foron case corenta parellas de xemelgas ás que se expuxo á picadura dos mosquitos. Destas, 18 eran xemelgas idénticas -que comparten o 100% dos seus xenes- e 19 xemelgas, para comprobar se a súa xenética determinaba o comportamento dos mosquitos. Os mosquitos si mostraron preferencia entre algunha das xemelgas, mentres que elixían co mesmo interese as xemelgas idénticas, o cal indica que aí podería estar a clave. A conclusión é moi clara, segundo os científicos das universidades de Londres, Florida e Nottingham que realizaron o estudo: "Os nosos resultados demostran un compoñente xenético subxacente ao tipo de olor humano, unha diferenza xenética que é detectable polos mosquitos a través do noso olor e que se utiliza durante a selección da persoa,".
No hay comentarios:
Publicar un comentario