Un verán adiantado percorre a Península Ibérica. O pasado
domingo día 10 de maio, as temperaturas medias de toda España, agás na conca
mediterránea e Galicia e Asturias, estiveron entre sete e 12 graos centígrados
por enriba da temperatura media desta época do ano, segundo a Axencia Española
de Meteoroloxía (Aemet). E no resto das rexións o mercurio marcou entre dous e
sete graos por enriba da media. Son variacións moi pronunciadas, pero non se
tratou dun fenómeno illado. Dende que comezou maio os termómetros marcaron
temperaturas por enriba dos valores normais para estas semanas da primavera. E
o peor está aínda por chegar.
Unha entrada de aire cálido e cargado de po procedente do
Sahara elevará a partir de hoxe aínda máis as temperaturas en toda España e
podería deixará o mercurio por enriba dos 35ºC en case toda a metade sur
peninsular, segundo as previsións de Aemet. E nalgunhas cidades como Valencia,
Sevilla ou Zaragoza, entre outras, podería superar os 40ºC.
«Estas temperaturas son de verán», asegura a este diario Ana
Casals, voceiro de Aemet. «Dende que empezou o mes de maio está a ir moita
calor. Pero este mércores pódense superar os 40 graos en varias zonas das
concas do Guadalquivir e do Ebro», di Casals.